Agenda local

01/03/2024
Gallery imx 8m 2024
Ico noticia NOTICIA

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O  Concello de Outes publica as actividades sobre igualdade que se levarán a para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller.

A andaina do domingo queda aprazada por mor do mal tempo que se prevé para esta fin de semana.

 Ver cartel

 Ver declaración institucional

01/03/2024
Gallery imx tempo pascua 2024
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE PASCUA 2024

O Concello de Outes anuncia o servizo de conciliación “TEMPO DE PASCUA”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos, que se desenvolverá os días 25, 26, 27 de marzo e o 1 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexibles.

O prazo de inscrición é do 4 ao 15 de marzo (ambos inclusive).

 Máis información

  Folla de inscrición

  Consentimento para o tratamento de datos persoais