Outes Digital
Agenda local
NOTICIA
MADRUGADORES 2025-26
O Concello de Outes informa que o vindeiro 11 de agosto abre o prazo de inscrición para o servizo de “Madrugadores”, curso 2025-2026, que forma parte do programa “Outes Concilia”.
Este servizo, destinado a nenas e nenos escolarizados no CEIP de Outes, dará comezo o 8 de setembro, primeiro día do curso escolar, en horario de 7:50 horas ata o inicio das clases.
As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Outes, ou de xeito presencial no Rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. O prazo de inscrición é do 11 ao 22 de agosto.
Formulario de consentimento para o tratamento de datos persoais
NOTICIA
SERVIZO DE MADRUGADORES 2024-2025
O Concello de Outes manten a posibilidade de inscrición fóra de prazo para o Servizo de Madrugadores, curso 2024-25 que se enmarca dentro do programa Outes Concilia. Nas seguintes ligazóns podes obter máis información e descargar os formularios pertinentes para formalizar a inscrición.
O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o servizo de “Madrugadores”, curso 2024-2025, que forma parte do programa “Outes Concilia”. Dito servizo desenvolverase no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.
Madrugadores: ofrece un servizo de acollida, coidado, no que as/os menores poden almorzar. As familias deberán achegar os alimentos diariamente en termos ou envases adaptados a este fin.
Levarase a cabo durante todo período lectivo, en horario de 7:50 h da mañá ata o inicio das clases. As familias farán uso do mesmo, en función das súas necesidades de conciliación, pero deben incorporarse ó mesmo, como mínimo 30 minutos antes de comezar a xornada escolar. O inicio da prestación do servizo será o primeiro día do calendario escolar 2024-2025, o 11 de setembro. Está destinado a nenas e nenos escolarizados no CEIP de Outes, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Poderá ser utilizado de forma fixa ou ocasional. Prazas limitadas.
NOTICIA
SERVIZO DE MADRUGADORES 2023-24
O Concello de Outes pon a disposición das familias outenses o servizo de conciliación “Madrugadores” para o curso 2023-2024, que forma parte do programa “Outes Concilia”.
Dito servizo está destinado a nenas e nenos escolarizados no CEIP de Outes, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e poderá ser utilizado de forma fixa ou ocasional.
As prazas limitadas son limitadas e o período de inscrición é dende o 22 ao 31 de agosto.


