Outes Digital
Agenda local


ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2023/2024
O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2023/2024.
As inscricións nas actividades deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.


ACTIVIDADES DEPORTIVAS
O Concello de Outes informa da apertura de inscricións para as actividades deportivas para este outono-inverno.


ACTIVIDADES DE CULTURA: MANUALIDADES, PINTURA E OBRADOIRO DE SANCOSMEIROS
O Concello de Outes informa da apertura de inscricións para as actividades de manualidades, pintura e obradoiro de elaboración de sancosmeiros.
MANUALIDADES
- Actividade en grupos nas parroquias: Centro social de Ponte Nafonso, Valadares, San Cosme, Centro social da Serra.
- Un día á semana.
- Comezo: 1ª semana de outubro
- Prezo: 6 €/mes (pago trimestral)
PINTURA
- Lugar: aula de pintura (centro xuvenil)
- Día: venres (grupos de 18:30 h a 20:30 h e de 20:30 h a 22:30 h)
- Comezo: 6 de outubro
- Prezo: 12 €/mes (pago trimestral)
- O curso realizarase se se acada un mínimo de 5 persoas
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE SANCOSMEIROS (PRAZAS COMPLETADAS - Novas inscricións formarán parte da lista de espera)
- Lugar: Centro Social da Serra de Outes
- Día: sábado de 11:00 h a 13:00 h
- Comezo o 14 de outubro e remate o 2 de decembro
- Prezo: 20 €/curso
- Máximo 15 prazas
As inscricións nestas actividades entregaranse na casa do concello ou a través da sede electrónica.


ACTIVIDADES DA PISCINA MUNICIPAL
O Concello de Outes informa das actividades, tanto de sala como de natación, que se realizarán na Piscina Municipal.


ACTIVIDADES DOS CENTROS SOCIAIS
O Concello de Outes oferta unha serie de actividades que se impartirán en distintos centros sociais entre os meses de outubro e xaneiro.
As persoas interesadas en participar en algunha delas deberán anotarse no Centro Social da Serra a partir do 11 de setembro.


PROXECTO CIRCULAR.RUR
O proxecto europeo Circular.rur “Novos modelos de negocio de economía Circular para a activación do rural europeo” é un proxecto de asociación de cooperación en materia de formación profesional ERASMUS+ que se desenvolve dende o 01.11.2021 ata o 01.11.2023.
O consorcio do proxecto está liderado polo Concello de Outes e conta coa participación da Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia( Afiprodel), así como de socios europeos de Irlanda, Alemania, Italia, Croacia e Grecia: WIN Consultants Ltd, Meath County Council, Hamburgisches WeltWirtschaftsInstitut gemeinnützige GmbH, Comune di Capannori, Lokalna akcijska grupa Zagorje Sutla e Atlantis.
Os resultados de Circular.rur están dirixidos a profesionais da área de desenvolvemento rural e/o emprego.
O obxectivo principal consiste en promover a transferencia de coñecementos innovadores sobre Economía Circular e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nesta, que respondan as expectativas dos mercados laborais nacionais e europeos, e que brinden novas oportunidades de activación fronte aos retos actuais, fomentando contornas rurais máis modernos e sostibles, a través do apoio intelixente da profesionais da área de desenvolvemento rural, aos futuros emprendedores do rural europeo.
Toda a información sobre o proxecto está dispoñible na súa web https://circularur.eu/
![]() |


PROXECTO e-InnoEduCO2
O proxecto europeo e-InnoEduCO2 “School science e-learning ONE HEALTH” é un proxecto europeo de innovación educativa Erasmus + 2020 na modalidade KA226 para o bienio 2021-2023. Liderado polo Concello de Outes, coa dirección científica da Fac Ciencias da Educación da USC, Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC.
Este consorcio conta coa participación do CESGA como principal socio tecnolóxico, así como de socios europeos de Portugal, Polonia e Romanía: Universidade de Aveiro (Fábrica de Ciencias Vivas) e Agrupamento de Escolas de Aveiro de Portugal, Liceo XXVI de Lodz en Polonia de Polonia e a Universidade de Iasi en Romanía.
O obxectivo principal do proxecto é desenvolver un modelo pedagóxico STE(A)M – TIC que permita compensar o aumento das carencias da UE na Formación Profesional (FP) adaptando a formación telemática da era do COVID-19 ás necesidades curriculares de experimentación científica. A experimentación deste modelo vai dirixida ao alumnado do último ciclo da ESO e Bacharelato.
Toda a información sobre o proxecto está dispoñible na súa web www.innoeduco2.org
![]() |