Agenda local

18/09/2026
Gallery imx escolas deportivas 26 27
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

O Concello de Outes, en colaboración coas diferentes entidades deportivas de Outes,  oferta unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo durante os meses de outono e inverno.

 Ver cartel

A folla de inscrición pode descargarse dende Descarga de impresos

10/09/2026
Gallery imx cursos piscina 26 27 10092026
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DA PISCINA MUNICIPAL DE OUTES

O Concello de Outes oferta unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo na piscina municipal durante este outono e inverno.

O 19 de setembro abrirá o prazo de inscrición das distintas actividades para as persoas aboadas. As persoas non aboadas poderán inscribirse a partir do día 23 de setembro.

 Ver cartel

16/06/2026
Gallery imx actividades deportes veran 2026
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERÁN 2026

O Concello de Outes presenta a oferta de actividades deportivas, do propio concello e dos clubs deportivos, para este verán 2026.

 Ver cartel das actividades do concello

 Ver cartel das actividades dos clubs deportivos

 Folla de inscrición para deportes de raqueta

09/04/2026
Gallery imx carreira pedestre 2026 09042026
Ico noticia NOTICIA

XVII CARREIRA PEDESTRE DE OUTES

A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XVII Carreira Pedestre de Outes, que terá lugar o domingo 17 de maio de 2026 a partir das 10:00 horas, con saída e chegada na Praza de Galicia.

 Ver cartel

Para as categorías de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns organizaremos unhas Miniolimpíadas dentro do recinto do campo de fútbol nas que poderán experimentar con distintas disciplinas. O horario destas Miniolimpíadas será de 11:00 a 12:15 horas.

 Ver cartel

As inscricións estarán abertas ata as 13:00 horas do martes 12 de maio e faranse a través da páxina web de  cronotec.es

 Ver regulamento

16/09/2025
Gallery imx actividades deportes 2025
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

O Concello de Outes, en colaboración coas diferentes entidades deportivas municipais,  oferta unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo durante os meses de outono e inverno.

 Ver cartel

03/09/2025
Gallery imx actividades piscina 25 26
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DA PISCINA MUNICIPAL DE OUTES

O Concello de Outes oferta unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo na piscina municipal durante este outono e inverno.

A partir do luns 8 de setembro abrirá o prazo de inscrición das distintas actividades para as persoas aboadas. As persoas non aboadas poderán inscribirse a partir do día 22 de setembro, sempre e cando queden prazas libres.

 Ver cartel

04/07/2025
Gallery imx torneo padel 2025
Ico noticia NOTICIA

TORNEO DE PÁDEL

O Concello de Outes organiza un torneo de pádel de verán.

As persoas que desexen participar deben inscribirse na Piscina Municipal antes do 11 de xullo.

 Ver cartel

 Acceder á páxina de partidos e clasificación

03/04/2025
Gallery imx charla alimentacion 03042025
Ico noticia NOTICIA

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: CHARLA

O Concello de Outes organiza unha charla sobre alimentación saudable coa que se pretende comezar un ciclo de actividades ao redor da alimentación, nas que iremos aprendendo todos os aspectos que se relacionan e interactúan de cara tentar acercarnos a unha alimentación saudable.

A charla repetirase en dúas localizacións para facilitar a asistencia das persoas interesadas:

  • 12 de abril ás 18:30 horas na Casa da Cultura
  • 26 de abril ás 18:30 horas no centro náutico

As inscricións faranse no teléfono 981 85 01 65 de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 23:00 horas.

07/11/2024
Gallery imx campana neve 2025
Ico noticia NOTICIA

CAMPAÑA DE NEVE 2025

A Deputación da Coruña, dentro da programación deportiva para o ano 2025, pon en marcha a Campaña de Neve 2025 que terá lugar na Estación Invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).

O Concello de Outes ten adxudicadas 5 prazas para  para a 5ª quenda que terá lugar dende o 07/02/25 ata o 10/02/25. Os participantes neste programa gozarán de catro días con aloxamento a pé de pista e manutención, ademais de cursos de esquí.

Para participar é preciso ter entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2024) e estar empadroados en Outes.

 Máis información e folla de inscripción