Agenda local

15/05/2026
Gallery imx cartel letras galegas 2026
Ico noticia NOTICIA

LETRAS GALEGAS 2026

O 17 de maio, día das Letras Galegas, celebrarase na Casa da Cultura de Outes o XXX certame de poesía Francisco Añón. Nel daranse a coñecer os gañadores desta edición e tamén se presentará o libro dos premiados na edición anterior e o libro do gañador da categoría F (maiores de 18 anos), Non plantaremos o millo en abril, de Víctor Pérez Estévez.

Ademais, as persoas que se acheguen á Casa da Cultura poderán ver a exposición Isaac Díaz Pardo: Luz e compromiso.

 Ver cartel

30/01/2026
Gallery imx xxxcertamepoesia 30012026
Ico noticia NOTICIA

XXX CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA

O Concello de Outes, compromotido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, organiza o XXX CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega e ao cal queremos render homenaxe con este premio.

Poderán participar neste certame todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 30 de marzo.

 Ver bases do certame

05/02/2025
Gallery imx certame anhon 2025
Ico noticia NOTICIA

XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

O Concello de Outes organiza o XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 31 de marzo.

 Ver bases do certame