Outes Digital
Agenda local
NOTICIA
“RECONVERSIÓN” DE IBUPROFENO TEATRO
Ibuprofeno Teatro trae a Outes este sábado 21 de febreiro o seu espectáculo de grande formato con oito actores músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
Dirixido por Santiago Cortegoso, esta obra é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión naval para achegarnos ás vivencias persoais do pai do director nun espectáculo intimista e de introspección familiar.
É a peza que non deberías perderte e que agora chega a Outes para desfrute das persoas que gozan do teatro de calidade.
Sábado 21 de febreiro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Outes. Obra para público adulto (maiores de 12 anos). Rógase puntualidade; una vez comezada a función, non se permitirá o acceso á sala.
As entradas poden retirarse na páxina
bandoticket.com ou na Casa da Cultura de Outes.
NOTICIA
OUTES A ESCENA NA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS
Xa están a venda as entradas para as obras da Rede Galega de Teatros e Auditorios no Auditorio da Casa da Cultura de Outes. Podedes mercalas en bandoticket.com ou na Casa da Cultura.
Estas obras non están incluídas no Bono Miúdo nin no Bono Xeral.
CIRKOTE de Kote Malabar
CIRKOTE é circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor. O espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público nun espectáculo no que pode acontecer de todo, incluso que ti acabes sendo a estrela da función.
- Sábado 14 de febreiro ás 19:00 horas. Prezo: 5 €
RECONVERSIÓN de Ibuprofeno Teatro
Entre o íntimo e o político, esta obra, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
- Sábado 21 de febreiro ás 20:00 horas. Prezo: 9 €
BAILAR AGORA de Marta Alonso
Marta Alonso diríxese ao público para compartir un percorrido pola súa traxectoria vital como bailarina e muller. Esta é a historia dunha bailarina que nace e medra nos anos 80-90, facendo referencia ao estado actual dos seus desexos e soños, comprometéndose a facelos realidade no momento presente. E o xeito de levalo a cabo é bailando.
- Sábado 28 de febreiro ás 20:00 horas. Prezo: 7 €
NOTICIA
ENTERRO DA SARDIÑA 2026: CONCURSO DE DISFRACES
O mércores 18 de febreiro celebraremos en Outes o tradicional Enterro da Sardiña, co concurso de disfraces, que terá lugar a partir das 17:00 horas na praza de Galicia ou, en caso de que chova, no pavillón polideportivo.
Despois farase un desfile polas principais rúas da Serra ata a Praza do Bosque.
No concurso de disfraces poderán participar tódalas persoas, grupos ou comparsas que realicen a inscrición. Poderá facerse ata o 16 de febreiro a través do rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro do Concello de Outes ou enviando a folla de inscrición ao correo animacion@outes.gal, ou o mesmo día (18 de febreiro) ata media hora antes do inicio do concurso no lugar de celebración deste.
NOTICIA
XXX CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA
O Concello de Outes, compromotido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, organiza o XXX CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega e ao cal queremos render homenaxe con este premio.
Poderán participar neste certame todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 30 de marzo.
NOTICIA
OUTES A ESCENA
Outes a Escena é a programación de espectáculos de artes escénicas que, durante as fins de semana dos meses de setembro do 2025 ata febreiro do 2026, se representarán no auditorio da Casa da Cultura de Outes. Teremos un total de 17 representacións para tódolos públicos.
As entradas saíran á venda na plataforma habilitada 15 días antes da representación e o luns previo tamén estarán dispoñibles as reservadas para a venda presencial na Casa da Cultura.
Establecemos tamén dous bonos:
- Bono Xeral: dará acceso a todas as obras para adultos e ten un prezo de 30,80 €.
- Bono Miúdo: para as obras para o público infantil e familiar. O prezo é de 14,70 €.
Ámbolos dous poderán solicitarse a partir do luns 8 de setembro na Casa da Cultura.
Condicións de adquisición de entradas e bonos
Ver obras incluídas no Bono Xeral
NOTICIA
POLDRA LITERATURA EXPANDIDA
Este 23 de xullo ás oito e media da tarde na Casa da Cultura de Outes, teremos unha charla coloquio entre Ismael Ramos (premio nacional de poesía xoven 2022) e a escritora Miriam Ferradáns.
Unha prometedora xornada da man da Deputación da Coruña e o seu programa POLDRA.
Se tes interese en asistir reserva praza nos teléfonos 981 850 950 ou 981 842 406.
NOTICIA
XEIRA FIN DE CURSO COAS FAMILIAS
O sábado 21 de xuño celebramos na Horta do Muíño unha xornada festiva para toda a familia, con teatro, xogos, música e diversas actuacións.
As persoas que o desexen poderán traer a comida e pasar o día. Pódese facer reserva de sitio para xantar, antes do mércores 18, no formulario que xa está habilitado.
NOTICIA
OUTES PRESENTA A SÚA PRIMEIRA MOSTRA DE TEATRO AMADOR
O tenente alcalde e concelleiro de cultura, Anxo Núñez Fernández, xunto con Carlos Outeiral Miniño, director do grupo de teatro Terra de Outes, presentou esta mañá o cartel da primeira edición da mostra de teatro amador de Outes "Nicolasa Añón".
Todos os sábados ás 20:00 horas, dende o 8 de marzo ate o 12 de abril, o auditorio da Casa da Cultura acollerá unha representación teatral nunha escolma feita pola Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes e que organiza, conxuntamente, co concello de Outes. O obxectivo da mostra é dar a coñecer agrupacións de teatro amadoras e achegar o seu traballo á veciñanza e visitantes.
O tenente alcalde afirmou "Esta mostra nace da colaboración entre a área de Cultura e o grupo de teatro de Terra de Outes e agardamos que sexa a primeira de moitas por vir." O director do grupo de teatro, pola súa banda dixo que "desenvolvemos esta mostra en colaboración con outras cinco asociacións e agrupacións que se achegan a Outes para compartir o seu traballo coa veciñanza."
As obras serán de acceso libre e gratuíto ate completar aforo polo que non se farán reservas. O 5 de abril terá lugar a estrea da obra "O doente imaxinario... Daquela maneira" do grupo afintrión.
NOTICIA
XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN
O Concello de Outes organiza o XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega.
Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 31 de marzo.
NOTICIA
PROXECTO PARA A RECONSTRUCIÓN DUN BARCO SANCOSMEIRO E RECUPERACIÓN DA CARPINTERÍA DE RIBEIRA
O concello de Outes informa de que abrirá o prazo de inscricións o vindeiro martes, 29 de outubro, para aquelas persoas que queiran participar na formación en Carpintaría de Ribeira a través do proxecto conxunto do Concello de Outes e a asociación Terra de Outes: “Reconstrución dun barco Sancosmeiro e recuperación da carpintería de ribeira”.
A formación vai destinada a protexer e divulgar o patrimonio material e inmaterial da carpintaría de ribeira e achegar os coñecementos en carpintaría á cidadanía en xeral.
As inscricións realizaranse no rexistro do concello ou a través da sede electrónica (
outes.sedelectronica.gal)
| Máis información: | ||


