Agenda local

03/07/2025
Gallery imx visitas turismo 2025
Ico noticia NOTICIA

VISITA AOS RECURSOS TURÍSTICOS DE OUTES

O Concello de Outes publica as datas das visitas aos recursos turísticos do concello que faremos durante os meses de xullo e agosto.

A inscrición é obrigatoria e abrirase o luns previo a cada andaina. Pode facerse cubrindo o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou  premendo aquí.

 Ver cartel

12/06/2025
Gallery imx xeira fin curso 2025
Ico noticia NOTICIA

XEIRA FIN DE CURSO COAS FAMILIAS

O sábado 21 de xuño celebramos na Horta do Muíño unha xornada festiva para toda a familia, con teatro, xogos, música e diversas actuacións.

As persoas que o desexen poderán traer a comida e pasar o día. Pódese facer reserva de sitio para xantar, antes do mércores 18, no formulario que xa está habilitado.

 Ver cartel

 

14/05/2025
Gallery imx obradoiro defensa persoal
Ico noticia NOTICIA

OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA

O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un obradoiro de defensa persoal destinado a mulleres maiores de 16 anos.

O obradoiro, que é gratuíto, realizarase o 25 de maio e prazo de inscrición é dende o 14 ao 21 de maio. As inscricións faranse no CIM (teléfono: 981 850 949 ou cim@outes.gal).

 Ver cartel

25/04/2025
Gallery imx campamento veran 2025
Ico noticia NOTICIA

CAMPAMENTO DE VERÁN 2025

O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2025 do Programa “Outes Concilia” desde as 9:00 horas do 28 de abril ás 14:00 horas do 12 de maio. Un total de 320 prazas, distribuídas en 6 quendas, estarán dispoñibles para as familias.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse conforme as bases e condicións específicas desta convocatoria a través dos modelos normalizados establecidos ao efecto na páxina web. Poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Outes (https://outes.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Outes (horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres).

 Ver Cartel

 Bases e condicións do Campamento de Verán 2025

 Folla de inscrición

 LOPD do Campamento de Verán 2025

 Folla de renuncia e devolución do importe aboado

23/04/2025
Gallery imx carreira pedestre 2025
Ico noticia NOTICIA

XVI CARREIRA PEDESTRE DE OUTES

A Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XVI Carreira Pedestre de Outes, que terá lugar o venres 17 de maio de 2025 a partir das 10:00 horas, con saída e chegada na Praza de Galicia.

As inscricións poderán formalizarse ata as 13:00 horas do martes 13 de maio a través da web de  cronotec.es

 Ver  cartel

 Ver  cartel das miniolimpíadas

 Ver bases

22/04/2025
Gallery imx pampallin 2025
Ico noticia NOTICIA

PAMPALLÍN 2025

Xa temos cartel para o Pampallín deste ano que, ao igual que as edicións anteriores, será na Praza de Galicia.

As 20:30 horas dará comezo a festa con FESTICULTORES que darán paso á actuación da BANDA DA BALBINA. Ás 12 da noite haberá un espectáculo de lume a cargo de FORZA IGNEA e xa despois os concertos de CAPITAL VOSKOV, MONOULIOUS DOP e, para peche de festa, DJ ROKIÑO.

Pampallín Miúdo

O Pampallín Miúdo será o 4 de maio, tamén na Praza de Galicia.

A partir das 17:00 horas teremos inchables, obradoiros e as actuacións de ASACOCIRCO SHOW e 9LOURO.

 Ver cartel

09/04/2025
Gallery imx proxecto recordos outes
Ico noticia NOTICIA

RECORDOS DE OUTES: PROXECTO DE RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

O Concello de Outes pon en marcha unha campaña de recollida de fotografía antiga que teña como escenario o noso concello, co obxectivo de crear un arquivo audiovisual.

Todas aquelas persoas que desexen aportar algunha imaxe a este proxecto poderán facelo dende o 8 ata o 18 de abril, de martes a venres de 10:00 a 13:00 na Casa do Concello e de 17:00 a 19:00 na Casa da Cultura. As fotografías aportadas serán escaneadas e devoltas ao seu propietario.

 Ver cartel

 Máis información

03/04/2025
Gallery imx charla alimentacion 03042025
Ico noticia NOTICIA

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: CHARLA

O Concello de Outes organiza unha charla sobre alimentación saudable coa que se pretende comezar un ciclo de actividades ao redor da alimentación, nas que iremos aprendendo todos os aspectos que se relacionan e interactúan de cara tentar acercarnos a unha alimentación saudable.

A charla repetirase en dúas localizacións para facilitar a asistencia das persoas interesadas:

  • 12 de abril ás 18:30 horas na Casa da Cultura
  • 26 de abril ás 18:30 horas no centro náutico

As inscricións faranse no teléfono 981 85 01 65 de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 23:00 horas.