Agenda local

23/09/2022
Gallery imx feira nautica 2022
Ico noticia NOTICIA

I FEIRA NÁUTICA DO FREIXO

A Feira Náutica do Freixo 2022 celebrouse durante os días 1, 2, 3 de xullo de 2022 no Porto do Freixo do Concello de Outes.

Este evento pretende conquerir a visibilización, posta en valor, promoción e enriquecemento dos sectores do municipio vencellados ao mar: sector náutico, da pesca, do turismo e da acuicultura principalmente. Así como na identificación da esencia marítima como intrínseca ao territorio.

Esta actuación conta cun presuposto total de 44.000 €, e obtivo, a través do GALP Costa Sostible, unha axuda de 38.720,00 € achegados polo FEMP-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (85%) e a Consellería do Mar (15%). Trátase das axudas ao abeiro das Estratexias Locais de Desenvolvemento Local Participativo que financian proxectos produtivos e non produtivos para o desenvolvemento e a diversificación económica das zonas pesqueiras.

 Ver cartel

 Ver vídeo resumo