Agenda
En Outes, en galego: no comercio e no deporte
O servizo de normalización linguística do concello de Outes desenvolveu nestes días a campaña de En Outes, en galego para a normalización da nosa lingua nos eidos comerciais e deportivos. Nesta ocasión, repartíronse bolsas de tea co motivo e concienciouse ao tecido comercial do concello para empregar o galego en todalas comunicacións, petos deportivos e charlas para o uso do galego no deporte.