Anuncio

BASES PARA A LICITACIÓN DA BARRA E POLBEIRA DO PAMPALLÍN

O concello de Outes aproba e publica as bases de licitación para a explotación dos seguintes servizos para a :

  • Barra para o servizo bar do Pampallín
  • Polbeira do Pampallín

Nos dous casos puntuará 20 puntos a oferta económica, partindo dun mínimo de 600€, e 10 puntos os anos de experiencia no sector.

O prazo de solicitudes aínda non está aberto e terá unha duración de 5 días hábiles dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Podes consultar as bases para a barra do servizo bar do Pampallín nesta ligazón: https://outes.sedelectronica.gal/transparency/4aec39f1-4ca4-406c-b8a3-ecee457aa8de/

Podes consultar as bases para o servizo de Polbeira do Pampallín nesta ligazón: https://outes.sedelectronica.gal/transparency/3e64afb3-3cf4-42e0-a2c8-eb930122d986/