Idioma: Ico gal Ico es Soporte Ico soporte Ico soporte movil Desconectar Ico salir Ico salir movil
Fecha:
19-05-2017 14:06:42
Nombre:
Paula
Email:
paula.alexandre@rai.usc.es
Teléfono:
palex2009@hotmail.com
Mensaje:
Ola, bo día: Acaban de me informar, polo boca a boca, de que no concello de Outes vai haber mañá, sábado día 20 de maio de 2017, ás 19 h , uns actos polo Día das Letras Galegas que serán diferentes ós que houbo e hai por toda a Galiza: non só se homenaxeará o autor protagonista do Día das Letras Galegas deste ano, senón que, e isto é o especial para o noso concello, será difundida a importancia da figura da nosa poetisa local, Nicolasa Añón Paz. Na páxina "web" do Concello de Outes non hai referencia ningunha a estes actos (non na sección da Axenda nin en ningunha outra). E no Facebook do Concello tampouco non hai nada. É unha mágoa que as xentes de Outes nos informemos destas cousas só polo boca a boca persoal e por pura coincidencia... Moitas grazas pola súa atención Unha saudación cordial