- Fecha:
- 19-05-2017 14:06:42
- Nombre:
- Paula
- Email:
- paula.alexandre@rai.usc.es
- Teléfono:
- palex2009@hotmail.com
- Mensaje:
- Ola, bo día:
Acaban de me informar, polo boca a boca, de que no concello de Outes
vai haber mañá, sábado día 20 de maio de 2017, ás 19 h ,
uns actos polo Día das Letras Galegas
que serán diferentes ós que houbo e hai por toda a Galiza:
non só se homenaxeará o autor protagonista do Día das Letras Galegas deste ano,
senón que, e isto é o especial para o noso concello, será difundida a importancia da figura da nosa poetisa local, Nicolasa Añón Paz.
Na páxina "web" do Concello de Outes non hai referencia ningunha a estes actos (non na sección da Axenda nin en ningunha outra). E no Facebook do Concello tampouco non hai nada.
É unha mágoa que as xentes de Outes nos informemos destas cousas só polo boca a boca persoal e por pura coincidencia...
Moitas grazas pola súa atención
Unha saudación cordial