Axenda

Gallery imx suso de toro 24042024

SUSO FÓRA DE LUGAR

Este sábado, ás 20:00 horas, poderemos ver na Casa da Cultura de Outes o documental SUSO FÓRA DE LUGAR, do escritor Suso de Toro.

Contaremos coa presenza do propio autor e máis do director do documental Alberto Sacido, veciño de Outes. Ambos participarán tamén no coloquio que se fará ao remate da proxección do documental.

A proxección da peza, da que se encargará a produtora Culturactiva, faise coa colaboración da Deputación da Coruña que nos brinda a oportunidade da súa difusión entre a nosa veciñanza.

 Ver cartel