Axenda

Gallery imx tempo entroido 2024

TEMPO DE ENTROIDO 2024

O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación “TEMPO DE ENTROIDO”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo desenvolverase os días 12 e 13 de febreiro, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexibles.

O prazo de inscrición é do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro.

 Máis información

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

 Ver cartel