Axenda

ACTUACIÓNS DO CONCELLO DE OUTES CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello de Outes colabora coa campaña DE FRONTE, impulsada dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña. Este ano 2023 pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno, tendo como público obxectivo principal a mocidade. Vinculado a esta campaña tivo lugar un obradoiro con alumnado do IES Poeta Añón no que se crearon micro vídeos en formato stop motion, que se colgarán na web da campaña.
- 25 de novembro na Casa da Cultura, ás 20:00 horas, terá lugar a representación da obra teatral "TESTOSTERONA" con cargo aos Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Previamente, lerase un manifesto polo alumnado do IES Poeta Añón e gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas.
- 27 de novembro, na Casa de Cultura, está prevista a posta en escena do espectáculo "GOLPES", destinado ao alumnado do IES Poeta Añón. Actuación concedida pola Secretaría Xeral da Igualdade ao Concello de Outes no marco do Acordo de colaboración coa FEGAMP para a conformación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
- 28 de novembro, ás 17:30 horas, na biblioteca da Casa da Cultura de Outes, contacontos: OS CONTOS DO AVÓ, MULLERES GALEGAS.
- 29 de novembro, Taller de educación afectivo sexual "SEXOVEN", para o alumnado de 6º de primaria, no CEIP Plurilingüe de Outes.
Durante o mes de novembro permanecerán colocadas as pancartas "OUTES EN NEGRO" no Concello e na Casa de Cultura de Outes.