Axenda

De fronte contra a violencia de xénero
Un ano máis o Concello de Outes está adherido a unha nova edición de DE FRONTE, campaña e programa de actividades impulsada dende a área de igualdade da Deputación da Coruña posta en marcha con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Neste ano 2023 pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno, tendo como público obxectivo principal a mocidade.
O noso concello colabora coa campaña #DeFronte e na mañá do 14 de novembro vai acoller a celebración dun obradoiro para alumnado do IES Poeta Añón no que se realizarán micro vídeos en formato stop motion que aborden de xeito sinxelo e moi visual a complexidade das violencia machistas en contextos nocturnos e de festa.
Toda a información e propostas de actuacións pódense consultar na web defronte.gal. onde figuran os recursos e actividades que se foron desenvolvendo ao longo das distintas edicións.