Axenda

ESPAZOS DAS FAMILIAS. CURSO 2023/2024
O Concello de Outes anuncia a posta en marcha do programa de formación de pais e nais “ESPAZO DAS FAMILIAS” para o curso 2023/2024.
Este programa está dirixido a pais, nais ou titores legais e aos seus nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e 3 anos (que non estean escolarizados).
Para as familias que esteades interesadas en participar no mesmo, ábrese un prazo de preinscrición ata o vindeiro 20 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no despacho da educadora familiar, nas oficinas do Concello (teléfonos: 637 063 653 / 981 850 003).