Axenda

28º OUTONO TEATRAL - Programación cultural
O Tenente Alcalde, Anxo Núñez, e o Técnico de Cultura, Santiago Nieto, veñen de presentar a programación cultural da 28ª Edición do Outono Teatral do Concello de Outes. Nesta edición, o auditorio da Casa da Cultura acollerá 17 obras de teatro: 6 para o público infantil e familiar, 9 de interese xuvenil e adulto e 2 de teatro amador.
O outono teatral dará comezo o vindeiro sábado 23 de setembro ás 18:30 con "Que animaliño é?", unha obra destinada ao público infantil da compañía "Trémola Teatro". A Casa da Cultura acollerá unha obra semanal cada sábado, agás nas semanas de nadal, ate pechar o 2 de febreiro con "Comedia Bífida", primeira representación do novo grupo de teatro amador da asociación cívica-cultural Terra de Outes.
A programación conta con máis representacións de grupos amador, teatro infantil e teatro destinado a audiencias máis xuvenis e adultas. Contaremos con representacións de compañías coma Producións excéntricas, Olivas Negras, Malasombra Producións, Sarabela Teatro e moitas máis.
As entradas son de balde e poderánse reservar, presencialmente, na Casa da Cultura a partires do luns anterior á representación.
Consulta aquí o programa do Outono Teatral