Axenda

ESCOLAS DE MÚSICA DO CONCELLO
O Concello de Outes informa da apertura das inscricións tanto da Escola de Música da Banda Municipal como da Escola de Música e Baile Tradicionais.
ESCOLA DE MÚSICA DA BANDA MUNICIPAL
A oferta desta escola é a seguinte:
Música e movemento (de 4 a 7 anos), linguaxe musical, frauta, óboe, clarinete, saxo, trompeta, fliscorno, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, guitarra e piano
As clases comezan o primeiro luns de Outubro.
Para máis información poden consultar no correo: escolamusicaoutes@gmail.com
Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas
ESCOLA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAIS
O curso da Escola de Música e Baile Tradicionais foi presentado polo Concelleiro de Cultura e máis os profesores da escola.
Na escola impartirase clases de:
- Gaita,
- Acordeón,
- Requinta, frauta, frautín, ocarina e asubío
- Zanfona
- Percusión tradicional
- Pandeireta e canto galego
- Baile tradicional
Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas