Axenda

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2023 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O Concello de Outes informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos Deportivos verán 2023 da Deputación da Coruña.
Nesta edición as prazas ofertadas son 3, que será na 4º quenda (do 23 ao 28 de xullo), para a rapazada nacida entre o 1 de xaneiro do 2009 e o 31 de decembro de 2014.
O prazo de inscrición comeza hoxe 10 de maio, e pode realizarse no rexistro do concello. O campamento ten unha cota de inscrición de 85 €.
Entre o 8 e o 14 de xuño celebrarase o sorteo das prazas.