Axenda

VOANDO POLA IGUALDADE
O Concello de Outes organiza un obradoiro de elaboración de papaventos baixo o lema "Voando pola Igualdade".
Este obradoiro vai dirixido a menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 14 anos no que poderán participar acompañados das súas familias.
- Data: luns 20 de febreiro
- Horario: 10:30 a 12:30 horas
- Localización: Baixo do Centro Social de Outes
- Obradoiro gratuíto
- Prazas limitadas
- Inscricións: antes das 12:00 horas da mañá do venres 17 de febreiro, no número de teléfono do CIM: 981 850949 (Horario: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas)
A exhibición dos papaventos terá lugar no mes de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller.