Axenda

O ACHEGAMENTO DA MOCIDADE DA RIA DE MUROS NOIA ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
A actividade desenvolveuse dende o día 19 ao día 22 de setembro de 2022 e foi impartida por Marcos Gallego e Domingo D. Docampo coa colaboración da dirección e do alumnado do IES Poeta Añon, da Asociación Cultural Terra de Outes, dos profesionais independentes Vanessa Martínez e Antonio Rodriguez asi como do persoal técnico do Concello de Outes, Carlos Rodriguez na ADL, Luis Pérez no SNL, Santiago Nieto en Cultura e Ignacio Fernández en Turismo
Alumnado: 16 participantes
Duración do proxecto: 16 horas.
Espazos: Casa da Cultura de Outes e Centro Náutico do Freixo
Esta actuación conta cun presuposto total de 9.900,22 €, e obtivo, a través do GALP Costa Sostible, unha axuda de 4.950,11 € achegados polo FEMP-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (85%) e a Consellería do Mar (15%). Trátase das axudas ao abeiro das Estratexias Locais de Desenvolvemento Local Participativo que financian proxectos produtivos e non produtivos para o desenvolvemento e a diversificación económica das zonas pesqueiras.
![]() |