Axenda

MADRUGADORES E TARDES DIVERTIDAS 2020/21
O Concello de Outes ofrece as familias outienses os servizos de conciliación de Madrugadores e Tardes divertidas para o curso 2020-21. Ambos forman parte do programa “Outes Concilia” que se desenvolverá no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.
As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://outes.sedelectronica.gal), ou de xeito presencial no Centro de Información ás Mulleres de Outes, solicitando cita previa no número de teléfono 981 850 949, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o 24 de agosto ao 4 de setembro.