Axenda

Gallery imx bando

BANDO: PREVENCIÓN COVID-19 (CORONAVIRUS)

Manuel González López, alcalde do Concello de Outes, fai saber que por mor das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia coa finalidade de prevención e contención da propagación do COVID-19 (Coronavirus), a Alcaldía do Concello adoptou a seguinte resolución:

  1. Suspender, a partires das 15 horas do venres día 13 de Marzo do 2020 e ate novo aviso, as actividades deportivas, culturais, sociais, etc… organizadas polo concello.
  2. Proceder ó peche ó público, a partires das 15 horas do venres día 13 de Marzo do 2020 e ate novo aviso, das seguintes instalación municipais: Punto de atención á infancia; Casa da cultura; Complexo deportivo municipal e piscina; Pavillóns municipais da Serra e do Cruceiro de Roo; Campo de fútbol do Cunchido; Centro náutico do Freixo; Centro sociculturais.
  3. O resto de dependencias municipais seguirán abertas para a atención ao público, se ben se roga á cidadanía restrinxir a visita ás mesmas aos casos urxentes e ineludibles ou usar a vía telefónica (981 850003) ou telemática (https://outes.sedelectronica.gal).
  4. Suspender, a partires das 15 horas do venres día 13 de Marzo do 2020 e ate novo aviso, a celebración de mercadiños ou feiras en vías públicas do concello.

Prégase comprensión e precaución namentres dure esta medida.

Descargar bando