Axenda

Thumb tardes divertidas

TARDES DIVERTIDAS

O Centro de Información ás Mulleres de Outes organiza a actividade Tardes divertidas, destinada a rapazas e rapaces de 3 a 12 anos.

Terá unha duración de outubro a maio, en horario de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres (días lectivos) e realizarase no C.E.I.P. de Outes. As inscricións están abertas dende o 23 de setembro.

Máis información e inscricións no Centro de Información ás Mulleres de Outes (Praza do Bosque. Teléfono: 981 850 949)