Anuncio

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS E NOS CAMPOS DE VOLUNTARIADO DA XUNTA

O Concello de Outes informa que xa está aberto o prazo de inscrición nos campamentos e nos campos de voluntariado da Xunta de Galicia.

Poderán participar todas as persoas que teñan entre os 9 e 30 anos e as solicitudes deben presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal/portada). O prazo para presentalas é do 18 de abril ao 2 de maio.

Máis información na web  http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran