Anuncio
PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE
No DOG do 10 de xaneiro de 2023 publícase a convocatoria para participar nas probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. A superación destas probas permite a aquelas persoas que non posúan a titulación académica esixida poder acceder a formación con certificado de profesionalidade.
- Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 10 de febreiro de 2023
- Máis información e inscrición nas probas:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR306A ou contactar co Servizo de Orientación Laboral (en Outes: mércores, xoves e venres de 08:00 a 15:00 h).