Anuncio
BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL INFORMÁTICO ANO 2022
O Concello de Outes anuncia a convocatoria de axudas económicas para a adquisición do seguinte material informático: ordenadores portátiles, ordenadores de sobremesa e impresoras.
Poderán solicitar estas axudas todas/os as/os alumnos/as que durante o ano 2022 cursen estudos de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación profesional e Universidade, e cumpran os requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria.
Non poderán solicitar estas axudas aqueles alumnos/as que fosen beneficiarios/as das mesmas na convocatoria do ano 2021.