Anuncio

ANUNCIO: CAMIÑO NO MONTE DE BOEL

D. Juan José Carou Abelleira, veciño deste  municipio, con domicilio na rúa da Cruz da Serra de Outes, expón que é dono dos terreos nº 633 e 481 do polígono 62 do catastro de bens inmobles, denominados “Curuto” e situados no monte do lugar de Boel, parroquia de Outes, e que entre eses dous terreos e sobre o lindante nº 635 de Da. María Abelleira Tuñas o catastro reflicte un camiño de uso público cando en realidade se trata dun camiño de servizo de uso privado para acceder aos terreos alí situados. Solicita que o Concello lle expida un informe no que se aclare a natureza pública ou privada do citado camiño coa finalidade de corrixir o que considera un erro catastral. Xunta fotocopias dos títulos de propiedade dos terreos nº 481 e 633 citados.

O Concello expón ao público a antedita solicitude para que as persoas interesadas poidan presentar no prazo de dez días as alegacións ou suxestións que xulguen oportunas en defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos.

Outes, 13 de xullo de 2021.