Anuncio

RENOVACIÓN DEMANDA DE EMPREGO

A partir do próximo 1 de xaneiro de 2021 será preciso volver a renovar a demanda de emprego nas datas indicadas no seu documento informativo de renovación.

Para facilitar o cumprimento deste trámite, e para que non teña que achegarse a súa oficina de emprego, Emprego Galicia pon en marcha unha nova canle: a renovación da demanda de emprego tamén mediante un número persoal de identificación (habitualmente coñecido como PIN).

Envío do número PIN

Este PIN (número persoal de identificación), composto por catro cifras, envíase por correo electrónico a todas aquelas persoas demandantes que teñan rexistrado un enderezo electrónico na súa demanda de emprego. Lembre que o dito PIN é persoal e intrasferible.

Ademais, se non ten unha conta de enderezo electrónico asociada á súa demanda, recibirá unha mensaxe SMS no teléfono móbil que teña asociado á súa demanda de emprego.

Por iso, non esqueza que é moi importante que manteña actualizados os datos persoais da súa demanda de emprego.

 Como renovar a demanda de emprego mediante o PIN

Unha vez teña o seu PIN poderá renovar a súa demanda de emprego mediante unha chamada ao 012 (981 900 643 se chama desde fóra de Galicia) ou a través do portal web do Servizo Público de Emprego (https://emprego.xunta.gal/portal/gl/) pulsando na ligazón que estará dispoñible nesa mesma páxina desde o próximo 1 de xaneiro.

  • En resumo, a partir do 1 de xaneiro de 2021 será posible renovar a demanda de emprego polos seguintes medios:
  1. A través da Oficina Virtual do Portal de emprego de Galicia (emprego.xunta.gal), á que se pode acceder co certificado dixital, DNI-e ou solicitando o usuario e contrasinal nunha oficina de emprego.
  2. Desde o teléfono móbil, empregando a aplicación MOBEM, dispoñible para Android e iOS.
  3. Empregando o PIN de 4 díxitos no portal https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin (sen necesidade de autenticarse, como pasa na cita previa) ou mediante unha chamada telefónica ao número 012 (981 900 643 se chama desde fora de Galicia).

Nos puntos de información dos concellos ou das oficinas de emprego, mediante a impresión dactilar ou PIN.