Anuncio

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE ALTA INICIAL DA DEMANDA DE EMPREGO

Para facilitar a alta de todas aquelas persoas que NUNCA estiveron inscritas como demandantes de emprego en Galicia, está dispoñible no Portal de Emprego de Galicia un novo Formulario web de solicitude de alta inicial da demanda, no seguinte enlace:

https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/formulario-alta-demanda.html

 

Moi importante! Este formulario só é necesario para o caso nos que a persoa nunca estivese inscrita e necesitase axilizar a alta inicial para solicitar unha prestación, estar afectada/o por un ERTE ou para intermediar nunha oferta ou programa de emprego. Se xa ten demanda previa, o formulario dará un aviso sobre ese feito e:

  • Para os casos de prestacións, subsidios ou ERTEs, non terá que facer máis xestións.
  • Para o resto dos casos poderá contactar coa súa oficina de emprego ou acceder á Oficina Virtual para reactivar demanda.

Consulte todas as medidas para as persoas demandantes aquí:

https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/formulario-alta-demanda.html