Anuncio

PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN FUNCIONARIO/A INTERINO PARA O SERVIZO DE INTERVENCIÓN: ATRASO DO PRIMEIRO EXERCICIO

Por medio da presente comunícaselles a todas as persoas participantes inscritas para a realización das probas selectivas do proceso de selección para un posto de funcionario/a interino/a para o servizo de Intervención, o atraso do primeiro exercicio tipo test, fixado inicialmente para o día 3 de abril, debido ás medidas de prevención adoptadas por mor do COVID-19.

A nova data do exame publicarase na páxina web do Concello, unha vez finalice o estado de alarma declarado a nivel estatal.