Anuncio

PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA: PROCEDEMENTO DE NOVO INGRESO E DE MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE OUTES PARA O CURSO 2020/2021

O Concello de Outes informa que no boletín oficial da provincia da Coruña do 13 de marzo se publicou a resolución de Alcaldía aprobando o procedemento de novo ingreso e de matrícula de persoas usuarias do punto de atención á infancia do Concello de Outes para o curso 2020/2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día da publicación desta resolución no BOP.

Máis información e presentación de solicitudes no despacho da educadora familiar do Concello de Outes ou a través da sede electrónica do concello https://outes.sedelectronica.gal

Ver resolución no BOP

Descargar solicitude